Que é o “Cooperativismo de portas abertas”?

O “Cooperativismo de Portas Abertas” é unha campaña mediante a cal o venres 1 de xullo, durante a xornada anterior ao Día Internacional do Cooperativismo, as cooperativas galegas abren as portas dos vosos locais ao público, non só como un xeito físico para amosar o traballo senón tamén como un acto símbolico e colectivo para a visibilización do sector cooperativista.

Ademais de amosar á poboación os proxectos das cooperativas, axúdase a fomentar e promover o cooperativismo en Galicia e a aumentar o nivel de coñecemento sobre os valores e beneficios deste modelo empresarial.

Con este obxectivo, dende a Secretaría Xeral de Emprego dá difusión á campaña, tanto a través das súas redes sociais (facebook eusumo)  como a través doutros medios de comunicación, para dar a coñecer a importancia do labor que desenvolve o sector cooperativista en Galicia.

Hoxe, visitará Bico de Grao S. Coop. Galega, a Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca, que é unha das cooperativas socias que estará de portas abertas.

Tamén Cidadanía, Ítaca, Cestola na Cachola, Algalia, Milhulloa, Maos, O Cable Inglés, … As cooperativas están de portas abertas! e a Unión tamén!

 

Se es unha cooperativa e hoxe abres as túas portas, únete a #‎CooperativasAbertas‬.

Se pinchades no seguinte vídeo veredes como algunhas cooperativas xa se animaron a participar.

https://youtu.be/nhV31vph6js

E as demais? APUNTÁDESVOS?