Coñece ás novas cooperativas socias

 

 

Presentamos a un novo grupo de cooperativas, as últimas asociadas a EspazoCoop, deixamos a súa referencia para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para facer redes no sector cooperativo.

• QUE SI QUIERO O QUE SI TENGO •

QUE SI QUIERO O QUE SI TENGO | Produción audiovisual

Que si quiero que si tengo, é unha cooperativa de traballo adicada á produción audiovisual, a produción de servizos artísticos, a xestión de concertos e campañas publicitarias.

Porto do Son – A Coruña | Cooperativa de Traballo


• 15CERO11 •

15CERO11 | Comercio de prendas de vestir

Tenda para o comercio e venda de prendas de vestir especiais de marca, roupa, complementos ou artesanía que está ubicada na Coruña.

A Coruña | Cooperativa de Traballo | Redes sociais: Instagram


• SANARC •

SANARC | Restaurante

A cooperativa de traballo Sanarc adícase á restauración, contan cun restaurante aberto en Barro (Pontevedra).

Barro – Pontevedra | Cooperativa de Traballo


• LEÓNIKA •

LEONIKA | Confección téxtil

Leonika é unha cooperativa de traballo asociado adicada á confección de prendas de vestir e a súa reparación.

A Coruña | Cooperativa de Traballo


Somos a maior rede de cooperativas en Galicia, con 265 cooperativas, fai clic: Asóciate!