A cooperativa Comuna, seguindo co seu compromiso de protección e concienciación cidadana sobre o oso pardo en Galicia, e esperando conseguir definitivamente o asentamento das poboacións que se achegan dende a zona asturiana (parque Fuentes do Narcea, Reserva Muniellos, …), poñen a disposición do público a exposición “Nuestros Osos” cedida temporalmente pola F.O.A. (Fundación Oso de Asturias) á súa cooperativa.

Ademais, contan nas súas instalacións, acompañando a esta exposición, con diverso material (aportado polo FAPAS, fondo para la protección de los animales salvajes e a FOP, Fundación Oso Pardo) informativo, divulgativo e para a venda sobre este expléndido animal que poboaba antano estas paraxes, e que esperan poida volver facelo.

Lugar: Aula da Natureza de Cancio (Negueira de Muñiz)

Datas: Do 29 de xaneiro ao 20 de marzo de 2014

Visitas: Concertando cita a través dos teléfonos: 982 18 09 45 – 617098064 , ou no email: info@27113comuna.org