A revista dixital Benbo, de comunicación gastronómica, ven de publicar na sección “Protagonistas” unha entrevista á cooperativa Como Cabras :

‘Como Cabras’ é o proxecto cooperativo froito dunha fuxida da cidade ao campo, dende Madrid ata Castro Caldelas. Rocío Sanz, unha das protagonistas desta iniciativa, admite que “hai que estar un pouco tolo” para meterse nesta aventura, pero celebra que, pese ás dificultades para sobrevivir e aínda que os primeiros anos non obtiveron ingresos, a día de hoxe dispoñen dun soldo que “dá para pasar o mes” cun traballo organizado “de forma igualitaria”. Os seus produtos, fundamentalmente queixos de cabra e comercializados baixo a marca Touza Vella, fixéronse un oco, pero aínda lles falta máis mercado por conquistar.

Como Cabras é unha cooperativa membro da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (UGACOTA)

Preme aquí, para leer a entrevista na revista Benbo