COFEPA, a primeira cooperativa de profesorado de autoescola de España, cumpre os 50
A Cooperativa Ferrolana de Profesorado de Autoescola celebrou 50 anos de actividade o 16 de marzo de 2024. Á cita foi invitada Pilar Lozano Yáñez, do consello reitor de EspazoCoop, que acompañou á nosa socia Cofepa nun día tan especial e significativo.
Para quen non coñeza a historia de Autoescola Ruta 24 Cofepa Caranza, o seu nome comercial, dicirvos que foi fundada no ano 1974 para dar clases teóricas e prácticas de conducción, Ruta 24 elixiron o modelo cooperativo entre outras razóns, porque tomaron como exemplo unha carpinteiría que funcionaba con este réxime de traballo e organización na súa contorna.
Desde os 70 están en activo e este feito fixo que Cofepa sexa a primeira cooperativa de traballo de profesorado de autoescola do estado, agora son a Decana. Moito profesorado e moitas persoas formadas pasaron por Cofepa nestes 50 anos, varias xeracións formadas tanto para un ámbito profesional como particular e grazas a elo recibiron o Premio á Traxectoria Cooperativa en 2023, da Xunta de Galicia, que recoñece a traxectoria no ámbito económico e social.
Cofepa é unha das empresas cooperativas máis lonxevas de Galicia, demostrando a estabilidade que ofrecen as cooperativas ás súas socias traballadoras e como co paso do tempo poden evolucionar e crecer, nestes momentos xa contan con 6 seis centros de formación abertos en Narón, Ares e Ferrol.
Queremos aproveitar para felicitar a Cofepa por este fito, e por ser exemplo vivo de cooperativismo e de compromiso cos principios e os valores da economía cooperativa, 50 anos educando no valor de ser bos conductores e conductoras non se cumpren todos os días, así que moitos parabéns!!
—
- Imaxe: socias e traballadoras de Cofepa no 50 aniversario
- Páxina web de Cofepa aquí
- Redes sociais de Cofepa aquí
Vídeo da Rede Eusumo entrevistando a Cofepa con motivo do seu Premio á Traxectoria Cooperativa 2023: