Aforra en Coop57 #UnRumboComún

 

Coop57 é unha cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios que apoia proxectos da economía social e solidaria, próximos, viables e democráticos, que coidan do medio ambiente e fomentan a inclusión social.

Cando gardas o teu aforro en Coop57, os teus cartos poden iniciar diversos camiños pero sempre cun rumbo común: contribuír á transformación social positiva da nosa economía e da nosa sociedade.

NUMAX, Milhulloa, Semente Trasancos ou Ecos do Sur, e moitas outras entidades, teñen empregado os servizos de Coop57 para financiar os seus proxectos nos últimos dez anos.

Agora é o momento de facer que os teus cartos contribúan a xerar valor social en Galicia.

Coñécenos en www.coop57.coop/gl/galicia

Para darse de alta como socia colaboradora e poñer o teu aforro en Coop57 Galicia, podes facelo neste formulario web: https://coop57.coop/gl/node/258

Aforra en Coop57 #UnRumboComún