A Unión de Cooperativas Espazocoop apoia a folga feminista do 8 de Marzo e anima as súas entidades socias a difundir a convocatoria
En Espazocoop apoiamos esta convocatoria e invitamos a todo o cooperativismo galego a que se sume á mesma, xa que as súas reivindicacións son tamén as nosas.
O cooperativismo está sustentado na igualdade e isto recoñecese na ampla presenza de mulleres que participan no mesmo, ao ter que sortear menos dificultades que noutras fórmulas empresariais. Pero no cooperativismo aínda temos retos pendentes de resolver, xa que somos parte da sociedade patriarcal na que vivimos. As mulleres, por exemplo, seguen ocupando menos postos de responsabilidade ca os homes.
É por iso que neste 8 de marzo, como nos restantes 365 días do ano, dende Espazocoop comprometémonos a seguir traballando por fortalecer un cooperativismo en chave feminista que axudará a conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria libre de violencias machistas.
Coa publicación deste manifiesto, ESPAZOCOOP apoia a convocatoria de folga feminista do vindeiro 8 de marzo; unha folga laboral, estudiantil, de coidados e de consumo.