O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) achéganos o Mapa de Apoios IGAPE 2018 presentado polo Conselleiro de Economía e o Director de Igape, que contén información resumo dos distintos recursos con que conta o Instituto, e que poden ser de interese para as cooperativas socias e grupos pre-cooperativos.

O Mapa comprende os distintos Programas, o tipo de actuación, a axuda ou servizo, as beneficiarias, e os prazos.

Cales son os Programas do Igape?:

  • Emprendemento
  • Creación e Consolidación Temperá (ata 42 meses)
  • Desenvolvemento e Mellora
  • Internacionalización
  • Actuacións en Colaboración con outros Organismos Públicos.

Fai clic: Mapa de apoios 2018 IGAPE –  Mapa de apoios á innovación 2018

Pódese consultar tamén na web do Igape www.igape.es

Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) | Tel: 900 815151 | informa@igape.es