A Memoria Social 2022
EspazoCoop asocia a 247 empresas cooperativas e a 2.839 cooperativistas, que se sitúan dentro dunha cultura de traballo basada nos valores e principios cooperativos, nunha xestión democrática, e nas persoas. Conta ademais, con sectoriais e grupos de traballo, Ensino, Cultura, Asesorías-Consultorías, ou Consumo.
EspazoCoop presta servizo en toda a comunidade galega, e ten abertas 3 oficinas en Galicia: na Coruña, Santiago e Vigo.
A Memoria da xestión social 2022 dá conta da actividade desenvolvida e da xestión económica, destacando:
Representatividade e influencia política
O principal obxetivo de Espazocoop é a incidencia política. O traballo político adquire gran peso na Unión, e destaca pola defensa das demandas do sector cooperativo.
A representación é relevante dende dúas perspectivas:
- resolver problemas
- contar con recursos para as cooperativas e as actividades e servizos da Unión de Cooperativas.
En EspazoCoop acadáronse preto de 500.000 € en 2022 para programas de Fomento do Cooperativismo, a través de convenios e axudas, un 30% máis respecto do ano anterior.
Grazas ao traballo político e representativo de 2022, acadáronse logros como:
>> Aumento de orzamentos para o cooperativismo a través de programas como o Bono Consolida, Aprol Economía Social, Axudas locais para o sector como as do Concello de Santiago, etc.
>> Solución de problemáticas, como posibilitar o acceso das cooperativas a convocatorias de axudas en distintas administracións ás que non podía presentarse o sector cooperativo (liñas da Deputación da Coruña, ou outras); ou como a habilitación dun protocolo de non exclusión do acceso a subvencións de cooperativas sen ánimo de lucro.
As relacións institucionais, con axentes sociais, redes e colaboradoras, destacaron pola defensa das demandas da base social e do sector cooperativo, representando ás socias e ao cooperativismo en xeral, mediante a participación en reunións con distintas consellerías, a sinatura de convenios de colaboración, a participación nas 17 redes entre elas o Foro pola Economía Social Galega, o Consello Galego de Cooperativas, o CES, Coceta, Uecoe, ou Reas Galicia, son algúns dos fitos en 2022.
Difusión e promoción do cooperativismo
con máis de 1.000 beneficiarias, 41 entidades colaboradoras e 39 actividades.
A creación e consolidación de cooperativas
con 90 proxectos pre-cooperativos atendidos, 21 cooperativas constituídas, e 53 empregos cooperativos, son os datos na área de emprendemento cooperativo.
En canto á consolidación de cooperativas en funcionamento, con 279 cooperativas beneficiarias, destacan por un lado, os programas de intercooperación, de asesoramento, mentoring, apoio na xestión, ou a formación especializada, a través de 8 programas da Unión que procuran o seu crecemento e desenvolvemento empresarial.
Formación
cunha oferta formativa de 32 actividades e 436 beneficiarias.
Comunicación
segue implementando medidas dos plans establecidos, e con presenza continuada en distintas canles, con máis de 100 impactos informativos en medios de comunicación e 6.000 seguidorxs en redes sociais.
> Descargar: Memoria Social 2022 da Unión de Cooperativas EspazoC00p.
> Acceder: Vídeo da Memoria Social 2022