A Sectorial de Asesorías e Consultoras actualiza a marca en asesoría cooperativa ExpertCoop
A Sectorial de Asesorías e Consultoras de EspazoCoop, no seu último encontro celebrado a finais de setembro, presentou a marca ExpertCoop -asesoramento experto para cooperativas-, da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
A marca ExpertCoop creouse en 2020 para identificar e comunicar a calidade e solvencia dos servizos de xestión e asesoramento que se prestan ás empresas cooperativas, un modelo empresarial que conta con particularidades que non sempre son coñecidas e polo tanto non incluídas na súa atención, en áreas como fiscalidade, contabilidade, laboral e xurídica que se prestan a empresas cooperativas.
Actualicación de ExpertCoop Asesorías
Claudia Rodríguez, responsable da sectorial, presentou no Encontro tanto a marca, como os puntos clave da revisión realizada á mesma que actualiza as súas condicións. Tamén presentou 3 novas solicitudes de cooperativas que queren adherirse a ExpertCoop Asesorías.
Calquera cooperativa do ámbito asesor e consultor pode solicitar o uso da marca se cumpre os requisitos e indicadores fixados, poderá facer parte dun grupo relacional e de traballo neste campo, e poderá aproveitar as vantaxes da intercooperación e o traballo colaborativo, tan propio das cooperativas e da economía social.
Cooperativas ExpertCoop
Quen busque asesoramento experto en cooperativas nestes momentos están adheridas á marca un grupo de 7 asesorías e consultoras cooperativas da Unión, con dilatada experiencia e coñecementos:
Acr (Vigo), Algalia (Vigo – Santiago), Xedega (Vigo), Xiama (Xinzo de Limia), Interpyme (Cangas do Morrazo), Fylsem (O Porriño), e Cerne (Tomiño).
As cooperativas interesadas en facer parte da marca poden solicitalo a EspazoCoop, para elo primeiro deben coñecer as bases e condicións de ExpertCoop, aquí, e se cumpren os requisitos poden pedir a adhesión a través dun formulario en liña (+ info aquí)
Expert Coop Consultoras
Para concluír o Encontro, abordaron como iniciar os traballos para crear Expert Coop Consultoras, unha posible variante da marca que canalizaría o interese por comunicar e identificar a experiencia e solvencia en servizos de consultoría máis amplos, realizados por outras cooperativas da Sectorial.
Sobre a Sectorial de Asesorías e Consultoras
A sectorial actualmente é un grupo de 24 cooperativas que ten por obxectivo crear rede, impulsar iniciativas de intercooperación, desenvolver oportunidades comerciais, e ofrecer información e formación.
No seu último Encontro celebrado en setembro, as integrantes da sectorial tiveron a oportunidade de participar na dinámica facilitada por Caordic S. Coop. Galega para aumentar o coñecemento entre elas, relacionarse, e xerar cohesión, bases necesarias para a colaboración, a intercooperación, e o traballo en común.
—
[ Os Encontros Sectoriais fan parte do Programa de Intercooperación de EspazoCoop que está apoiado e no marco da programación 2024-2025 da Rede Eusumo – Xunta de Galicia.]