ExpertCoop: asesoramento experto para cooperativas
A marca de excelencia en asesoría cooperativa ExpertCoop está impulsada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop en colaboración cun grupo de cooperativas socias pertencentes ao ámbito asesor e consultor.
– Créase para dotar e comunicar o prestixio, calidade e solvencia dos servizos de xestión e asesoramento que se prestan ás empresas cooperativas, un modelo empresarial que conta con particularidades e especificidades non sempre coñecidas e polo tanto non incluídas na súa atención.
– A falta de especialización nesta materia na meirande parte das asesorías, a consideración que algúns sectores e profesionais teñen dela como unha “fórmula menor”, ou os prexuízos que existen á hora de recomendar esta fórmula empresarial en procesos de emprendemento ou en transformacións empresariais son algunhas das motivacións para o impulso desta marca.
– Calquera cooperativa do ámbito asesor e consultor podería solicitar o uso da marca se cumpre os requisitos, formando así tamén parte dun grupo relacional e de traballo neste campo, aproveitando as virtudes da intercooperación tan propia das cooperativas e da economía social.
– As cooperativas socias Acr, Algalia, D5, Xedega a Xiama foron as impulsoras desta garantía xunto a Unión, e buscaban garantir a calidade dos servizos de asesoramento e xestión en áreas como a fiscalidade, a contabilidade, laboral e xurídica que se prestan a empresas cooperativas.
– Cunha serie de distintivos gráficos da imaxe da marca, as cooperativas prestadoras de servizos de asesoramento e xestión poderán comunicar que cumpren cos indicadores esixidos por ExpertCoop e que forman parte deste grupo.
Buscas asesoramento experto para cooperativas ?
Agora existe unha marca colectiva de garantía da que somos titular a Unión de Cooperativas EspazoCoop: ExpertCoop.
– Que implica? Fai distinguirse como expertas en asesoramento no ámbito cooperativo, marcando a diferenza e destacando.
– Quenes son ExpertCoop? un grupo de asesorías e consultorías cooperativas da Unión con dilatada experiencia e coñecementos, actualmente: Acr, Algalia, Xedega e Xiama.
Podes escoller Asesorías ExpertCoop!
Queres ser membro de ExpertCoop?
Se eres unha asesoría-consultoría coa fórmula empresarial de cooperativa, que asesora a outras cooperativas, e ademais eres socia da Unión, solicítao a EspazoCoop.
– Queremos atribuír prestixio e calidade aos servizos das nosas asociadas.
– Se cumpres un conxunto de calidades e requisitos poderás identificar o teu servizo como ExpertCoop, autopublicitarte no mercado con esta marca e indicar a túa pertenza ao grupo.
Podes ser ExpertCoop!
- Bases da marca ExpertCoop aquí
- Para solicitar a adhesión á marca cumprimenta este formulario
Máis información: info@espazo.coop – 981 57 55 78
Iniciativa no marco da programación 2020 da Rede Eusumo, e da programación 2024 da Rede Eusumo.
A Rede Eusumo, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción Económica e Igualdade (Xunta de Galicia), e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.