Traballando Xuntos por un futuro cooperativo” é o nome elixido para o novo vídeo que ven de presentar CICOPA no marco da Conferencia mundial da Alianza Cooperativa Internacional en Antalya (Turquía), ao que asistiron 300 cooperativistas de todo o mundo.

CICOPA, co apoio da Confederación de Cooperativas da República Arxentina, Cooperar, quixeron respostar a pregunta : “Por que e para que se cooperativiza a xente nova?” No vídeo, persoas mozas, cooperativistas, de nove países do mundo, dar as súas respostas a esta pregunta.

O vídeo, concebido de xeito colaborativo, comparte as experiencias de persoas mozas cooperativistas de Arxentina, Brasil, Xapón, España, Sudáfrica, Polonia, Italia, Francia e Estados Unidos. Todas elas coinciden en que elixiron a formula cooperativa porque lles permite vivir de xeito coherente cos seus pensamentos: traballar con outras persoas, tomando decisións entre todas.

O vídeo, subtitulado en inglés, pode verse premendo nesta ligazón.

Fonte: http://www.cicopa.coop/Nuevo-video-sobre-jovenes.html