O programa icoopera, ten como finalidade potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación (I+D+i), e a utilización das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no sector cooperativo. Tamén pretende favorecer a creación de proxectos de cooperación e intercambio de experiencias, e fomentar a trasferencia de coñecementos.
Neste contexto, a Consellería de Traballo e Benestar, ofrece ás cooperativas de Galicia, en materia de I+D+i e TIC, un servizo de:
– asesoramento técnico
– formación online/presencial
– e divulgación
Así como desenvolvemento de programas de I+D+i e programas de inmersión nas TIC.
Máis información, fai clic:
– Carta de difusión da Directora Xeral de Traballo e Economía Social
– Folla de Adhesión ao Proxecto icoopera
Web: www.innovacioncooperativas.coop
Contacto : E-mail: info@innovacioncooperativas.coop – Telf. : 981 552 059
O proxecto está promovido pola Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e cofinanciada polo Fondo Social Europeo.