Publicáronse as bases para a concesión de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír ao fomento da produción da actividade audiovisual galega, para 2015, en distintas modalidades: longametraxes de ficción, animación, documentais, curtametraxes, ou producións televisivas. Os apoios destínanse a producións e coproducións de contido cultural galego.

Beneficiarias: persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade dun ano (epígrafe IAE 9611).

Prazo: 20/06/15.

Preme aquí para acceder a máis información (normativa e sede electrónica da Xunta de Galicia).

DOG nº 93 do 20 de maio de 2015.