Subvencións Fomento do Emprendemento en Economía Social:  PROGRAMA APROL 2020

 

  • Convocáronse as subvencións 2020 para fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-economía social).
  • Estas axudas están destinadas ás cooperativas, entre outras beneficiarias.

Documentos informativos:

  • Para consultar a orde completa, preme aquí.
  • Para descargar o folleto, preme aquí.

Finalidade do Programa Aprol- Economía Social :

Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais.

Establecéronse os Programas:

  • Programa I: Fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais.
  • Programa II: Fomento do acceso á condición de persoa socia.

Programa I, dirixido a fomentar a incorporación, como persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, de persoas desempregadas, de traballadores e traballadoras con carácter temporal e de persoas socias a proba.

Programa II, dirixido a fomentar o acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como o fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas, a través do financiamento das achegas económicas ao capital social.

Entidades beneficiarias: As cooperativas e sociedades laborais para o programa I e as persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para o programa II.

Prazo de solicitudes: O prazo para presentar solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2020 (agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito).

*Lembrade dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop prestamos asesoramento na súa tramitación e estamos á vosa disposición para realizar servizos de acompañamento de xeito gratuíto na posta en marcha de proxectos de índole cooperativa.

E ademais, proximamente organizaremos unha Sesión Informativa sobre as Subvencións para contribuír a súa difusión, comprensión e para ofrecer o noso apoio ás posibles interesadas.