[Oferta de contratación]

Servizo de realización dunha App para procesos de emprendemento cooperativo

EspazoCoop lanza unha oferta para a contratación dun servizo de desenvolvemento dunha App para procesos de emprendemento cooperativo, no marco dun convenio de colaboración coa Deputación da Coruña.

Agardamos que sexa de interese para as cooperativas socias que realizan estes servizos e actividades, que poderán candidatarse e presentar unha proposta ata o 7 de agosto de 2023 ás 14 horas.

Obxeto do contrato: O obxeto é a contratación dun Servizo de desenvolvemento dunha App para procesos de emprendemento cooperativo.

Destinatarias da oferta: Cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Procedemento: Procedemento aberto de adxudicación ás cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Entidade contratante: Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Prazo de execución do servizo: Até o 15 de decembro de 2023.
Presentación de ofertas: A través do correo ramon@espazo.coop, con aviso de recibo.
Orzamento: 3.950 euros (ive non incluído)
Data límite de presentación de ofertas: Até o 7 de agosto de 2023 ás 14 horas.

Descarga as condicións da oferta de contratación: neste enlace