Proxectos POISES 2020-2023 de EspazoCoop

 

 

 

Servizos de emprendemento e consolidación de cooperativas galegas cofinanciados polo FSE a través de Cepes

POISES é o Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social cofinanciado polo Fondo Social Europeo, convocado por Cepes, a través do cal realízanse as accións dos proxectos aprobados á Unión de Cooperativas EspazoCoop e desenvoltos no período 2020-2023.

POISES é un dos instrumentos que o goberno de España deseñou para contribuír ao logro dos obxectivos marcados pola Estratexia Europea, especialmente os relacionados co crecemento integrador.

En concreto, EspazoCoop desenvolve e participa en 3 POISES durante os anos 2020-2023:

  • Programa `Consolida a túa Cooperativa´: Servizo de Apoio á Mellora Competitiva das Cooperativas Galegas 

Dentro de POISES para o Obxectivo Específico 8.3.1_2 | Período de execución: de setembro 2020 a agosto de 2023

  • Programa `Emprender en Cooperativa´: Apoio ao Emprendemento Cooperativo en Galicia

Dentro de POISES para o Obxectivo Específico 8.3.1_1 | Período de execución: de xaneiro 2021 a agosto de 2023

  • Programa `Platform Coops´: Apoio á Creación de Cooperativas de Plataforma
    Dentro de POISES para o Obxectivo Específico 8.3.1 | Período de execución: de setembro de 2020 a agosto de 2023

 

Consolida a túa cooperativa

Un programa POISES de servizos de acompañamento e asesoramento a cooperativas en Galicia para consolidar e mellorar a súa competencia e posición, apoiando procesos de xestión, transformación e crecemento.

O servizo e os procesos de acompañamento compleméntanse con actividades formativas e encontros para mellorar a capacitación das socias e do persoal directivo da cooperativa, tamén se complementa coa elaboración de Guías de Xestión Cooperativa para proporcionar recursos ás empresas cooperativas que contribúan a mellorar a súa gobernanza e xestión.

Desta maneira búscase tamén posicionar o cooperativismo como sector de referencia no mantemento e xeración de emprego estable.

Resultados

As cifras dos resultados da execución do programa CONSOLIDA A TÚA COOPERATIVA de EspazoCoop arroxan un total de 2.631 horas de acompañamento e asesoramento, 13 encontros realizados,  60 cooperativas e 135 persoas beneficiarias e 60 plans de mellora elaborados.

No tocante ás actividades de formación, por un lado para adquirir capacidades directivas con 4 talleres, 80 h. de formación, 60 entidades participantes e 135 persoas, e por outro lado formación en xestión cooperativa, con 16 talleres, 255 h. de formación, e 261 persoas participantes.

Por último, elaboráronse 5 Guías de xestión cooperativa, cada Guía aborda unha área temática con aspectos a ter en conta e exemplos prácticos que faciliten a súa aplicación, na área organizativa, social, laboral contable e fiscal das cooperativas.

Financiadoras

O Fondo Social Europeo, a través da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), na súa calidade de organismo intermedio do POISES, financiou con 64.137,89 euros o proxecto CONSOLIDA A TÚA COOPERATIVA
da UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS ESPAZOCOOP que se desenvolve entre setembro de 2020 e agosto de 2023 e que está destinado a apoiar a mellora das cooperativas galegas.

Emprender en cooperativa

Un programa POISES de servizos de apoio ao emprendemento cooperativo en Galicia para crear novas empresas e emprego na economía social especialmente no cooperativismo, incrementando o número de empresas cooperativas sostibles, asesorando e acompañando a grupos de persoas que promoven proxectos empresariais baixo o modelo cooperativo.

Mediante un itinerario personalizado de formación e acompañamento destinado a definir a idea de negocio, analizar tanto a viabilidade técnica como económica e organizativa dos proxectos empresariais e acompañar no proceso de constitución e posta en marcha do proxecto, a nivel societario e empresarial ao tempo que apoiar a súa consolidación inicial durante o primeiro ano de vida.

O servizo de EspazoCoop, ademais do acompañamento a persoas emprendedoras, contempla accións de fomento do emprendemento na economía social en colaboración con outros axentes, redes e circuitos de atención ao emprendemento. Tamén inclúe accións con centros de ensino e co seu alumnado maior de 16 anos para elaborar proxectos empresariais vinculados ao modelo cooperativo ou a outros modelos da economía social.

Resultados

Os resultados da execución do programa EMPRENDER EN COOPERATIVA de EspazoCoop supoñen un total de 3.390 horas de acompañamento e asesoramento, 230 persoas atendidas na primeira fase de orientación e 120 persoas nos procesos de desenvolvemento dun proxecto empresarial, 50 cooperativas creadas, e 120 empregos cooperativos.

Ademais, accións con 30 entidades e formalización de 30 convenios de colaboración para promocionar o cooperativismo, finalmente as actividades de sensibilización e formación realizadas foron 15 talleres formativos, 12 seminarios, 524 h. de formación e 369 persoas beneficiarias.

Financiadoras

O Fondo Social Europeo, a través da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), na súa calidade de organismo intermedio do POISES, financiou con 119.609,16 euros o proxecto EMPRENDE EN COOPERATIVA
da UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS ESPAZOCOOP que se desenvolve entre xaneiro de 2021 e agosto de 2023 e que está destinado a apoiar o emprendemento cooperativo en Galicia.

Platform Coops

Platform Coops, é un programa POISES para apoiar e dar soporte na creación de cooperativas de plataforma dixital e desenvolver capacidades emprendedoras. Realízase como un proxecto plurirexional realizado en colaboración con outras entidades do territorio do estado e liderado por Mondragon Unibertsitate.

É un servizo de fomento do emprendemento na economía social, en especial de base tecnolóxica, en colaboración con redes e circuitos ordinarios de atención a persoas emprendedoras.

Busca impulsar o empoderamento da cidadanía tomando unha actitude activa na construcción dunha economía dixital e democrática a través da constitución de empresas que aseguran as condicións de traballo xustas mediante un programa de aceleración de cooperativas de plataforma.

Desenvolve módulos formativos en cooperativismo de plataforma de carácter práctico que permitan ás personas participantes experimentar coa creación de prototipos, e xerar unha incubadora/aceleradora de solucións seleccionadas que dé lugar a una rede a nivel Estatal que desenvolva novos emprendementos cooperativos.

Resultados

Os resultados da execución do programa PLATFORM COOPS de Mu Empresagitza S. Coop. en colaboración con EspazoCoop TZBZ S. Coop., Florida Centre de Formació C.V., Escuela Andaluza de Economía Social e a Universidade de Mondragon, supoñen a participación de EspazoCoop na execución de 4 edicións do Curso Cooperativas de Plataforma Xa! e a elaboración de 5 plans de viabilidade empresarial (dentro dun global de: 26 plans, 6 empresas creadas e 120 participantes).

Financiadoras

O Fondo Social Europeo, a través da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), na súa calidade de organismo intermedio do POISES, financiou con 285.788,97 euros o proxecto PLATFORM COOPS da Mu Empresagitza S. Coop en colaboración coa UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS ESPAZOCOOP que se desenvolve entre setembro de 2020 e agosto de 2023 e que está destinado a apoiar a mellora das cooperativas galegas.

 

COFINANCIA: