Recuperación de negocios en crise ou sen remuda xeracional:

Transformarse en cooperativas ou noutras empresas de economía social

 

 

 

Publicadas no DOG as bases reguladoras do programa de apoio á recuperación de negocios en crise ou sen remuda xeracional mediante fórmulas de economía social, nas anualidades 2021-2022.

Obxecto: apoiar a recuperación de negocios en crise ou sen remuda xeracional mediante fórmulas de economía social, destinadas a impulsar a actividade económica e a remediar a grave perturbación que provocou a COVID-19 na economía galega.

Poderán ser entidades beneficiarias: Sociedades laborais ou cooperativas xurdidas de sociedades de capital, sociedades civís, asociacións que estiveran desenvolvendo unha actividade económica ou persoas autónomas preexistentes, a través dalgún destes procesos de transformación:

  • Procesos de adquisición de activos de sociedades mercantís de capital nun proceso regulado de disolución e liquidación societario, coa finalidade de fomento da actividade económica polas persoas traballadoras da sociedade mercantil disolta en liquidación, mediante a constitución dunha nova entidade de Economía Social.
  • Procesos de adquisición de activos da titularidade dunha persoa ou entidade concursada, ou dunha ou varias unidades produtivas da mesma, durante a fase común ou a fase de liquidación dun procedemento concursal coa finalidade de fomento da actividade económica polas persoas traballadoras da concursada con contrato laboral extinguido a través dunha entidade de nova constitución.
  • No caso de ausencia de remuda xeracional:
    I. Procesos de adquisición da totalidade do capital integrante dunha sociedade civil ou de capital, mediante compravenda das súas participacións ou accións por parte das súas persoas traballadoras, coa finalidade de levar a termo a continuación total ou parcial do seu obxecto social previa adopción, elevación a público e inscrición dos acordos de modificación ou reestruturación estatutaria ou societaria precisos para a súa transformación en sociedade laboral ou Cooperativa.
    II. Procesos de adquisición do negocio dunha persoa autónoma por parte das súas persoas traballadoras, coa finalidade de levar a termo a continuación total ou parcial do mesmo previa adopción, elevación a público e inscrición dos acordos estatutarios precisos para a súa transformación en sociedade laboral ou Cooperativa.
  • Constitución “ex novo” de sociedades de carácter laboral ou unha cooperativa  integradas total ou parcialmente polas persoas traballadoras cuxos contratos resultasen extinguidos por causa de crise ou xubilación da persoa empregadora.

Prazo de presentación de solicitudes: o prazo de presentación das solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2021.

  • Para consultar a orde, preme aquí.
  • Se queres consultar o folleto da axuda preme aquí.

*Fonte da información: web Eusumo