Subvencións | “Bono Consolida Economía Social”

Publicadas no DOG as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades de economía social de Galicia “Bono Consolida Economía Social”, nas anualidades 2021-2022.

Obxecto: apoiar a consolidación das entidades da economía social de Galicia co fin de remediar a grave perturbación que na economía galega provocou o brote da Covid-19, facilitándolles acceso á liquidez e protección mediante liñas de axudas que, con especial incidencia na transformación dixital, melloren a súa actividade económica, incrementen a súa competitividade e en definitiva manteñan empregos de calidade.

Poderán ser entidades beneficiarias: Sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego que cumpran os seguintes requisitos:

  • Figurar inscritas nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter presentadas as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil, no Rexistro de Cooperativas ou no Rexistro de Fundacións, segundo corresponda. No caso de centros especiais de emprego que teñan forma xurídica de asociación, deberán ter aprobado o balance e conta de resultados pola súa Asemblea Xeral.
  • Acreditar unha antigüidade de 42 meses na data de solicitude.
  • Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
  • Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social.
  • Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

Prazo de presentación de solicitudes: o prazo de presentación das solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2021.

  • Para consultar a orde, preme aquí.
  • Se queres consultar o folleto da axuda preme aquí.

*Fonte desta información: web Rede EUSUMO