REAS Galicia abre o prazo de solicitudes para participar na II Feira do Mercado Social de Ribadeo
REAS Galicia convida a participar na II Feira do Mercado Social de Ribadeo o vindeiro 12 de outubro. Este mercado está impulsado polo Concello de Ribadeo e cofinanciado pola Rede Eusumo, Xunta de Galicia.
A feira desenvolverase na praza do Campo da Vila (parque se San Francisco) e estará aberta ao público de 11 a 20 h. Contará cos seguintes espazos:
- MOSTRA de produtos e servizos de entidades: O espazo estará organizado en zonas temáticas dirixidas aos seguintes sectores específicos: economía dos coidados; agroalimentación, produtos locais e alimentación sostible; economía circular e xestión de residuos; enerxías renovables e transición enerxética; industrias culturais.
- PROGRAMACIÓN de actividades paralelas: Está previsto programar actividades de dous tipos: de dinamización, de lecer e animación, e actividades de divulgación e información sobre Economía Social e Solidaria-ESS, favorecendo o coñecemento mutuo das participantes e a creación de sinerxías.
Para solicitar a participación, só tedes que cumprimentar e enviar o seguinte formulario antes do 26 de setembro: https://forms.gle/UNLHwWCF8bxGBGLr9
Lembrade que participar co voso posto non ten custe algún, e desde a organización facilitaranse os soportes expositivos completamente de balde. (Non haberá posibilidade de toma de electricidade nin auga se non é imprescindible, nese caso, estudiaríase a maneira de fornecela).
Unha vez recibida as solicitudes e pechado o prazo de inscrición, recibiredes un correo-e de confirmación de participación e as indicacións e información práctica da mesma.
Dende REAS Galicia explican que “temos vontade de crear un lindo espazo de encontro e partilla, que adobaremos con actividades de dinamización do coñecemento, lúdicas e culturais para gozarmos dunha xornada do máis gorentosa”.
Para calquera dúbida ou consulta, non dubides en contactar con REAS Galicia a través dos contactos:
—
* A Unión de Cooperativas EspazoCoop fai parte de REAS Galicia -Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia.