Programa ‘Xempre Emprendemento’

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade abriu a convocatoria da subvención ‘Xempre Emprendemento’, mediante a que pemes, persoas traballadoras autónomas e sociedades cooperativas e laborais poderán financiar os investimentos realizados dende o 1 de xaneiro de 2022 ata a data da solicitude. O prazo para solicitala remata o 4 de novembro de 2022.

O obxectivo é outorgar liquidez ás iniciativas empresariais nacidas a partir do 1 de xaneiro de 2020 para contribuír a manter a súa actividade.

Segundo a intensidade do investimento realizado, os pagamentos a percibir variarán. Irán así dun mínimo de 3.000 euros para a mínima inversión financiable (de 5.000 euros) ata os 30.000 euros para a máxima (100.000 euros).

Esta axuda cubrirá os investimentos efectuados, e debidamente xustificados mediante factura, en:

  • equipamento informático,
  • melloras da eficiencia enerxética,
  • adquisición de mobiliario, reforma e/ou habilitación de locais,
  • ou adquisición de equipos de segunda man para o negocio, entre outros.

Xempre Emprendemento inclúese na estratexia Xempre Contigo da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, que está a impulsar a iniciativa empresarial no territorio e as políticas de apoio a persoas traballadoras autónomas e á economía social.

Consulta a orde da convocatoria no DOG nº 187, fai clic neste enlace

(Fonte da información e nova recollida en web Eusumo.)

Tamén podes consultar a INFOGRAFÍA da subvención Xempre Emprendemento neste enlace