Programa

SAÍMOS COOPERANDO 

#SaímosCooperando: Un programa de mentoring para a reactivación económica de empresas cooperativas polos efectos da covid19.

Unión de Cooperativas EspazoCoop abre a convocatoria para solicitar o PROGRAMA #SAÍMOSCOOPERANDO, destinado a cooperativas socias prioritariamente.

Obxecto: 
Selección de 10 cooperativas para participar no Programa #SaímosCooperando, a través do cal prestarase un servizo de mentoring para consolidar cooperativas, mediante a posta en marcha de procesos de acompañamento para impulsar melloras na organización beneficiaria.

Convoca: 
Unión de Cooperativas EspazoCoop.

O programa Saímos Cooperando enmárcase na programación 2020 da rede Eusumo, rede liderada pola Xunta de Galicia para promoción do cooperativismo e a economía social en Galicia.

Prazo de solicitude: 
29 de xullo de 2020.

Bases da convocatoria e o formulario de solicitude, fai clic no seguinte enlace: Programa #SAÍMOSCOOPERANDO

Información e consultas: 
986 866 149 – roberto@espazo.coop