Xestión Contable e Fiscal en Cooperativas

Dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop damos continuidade ao Programa de Formación Especializada na Área Xerencial destinado prioritariamente para cooperativas socias, e orientado tamén a outras cooperativas e organizacións de economía social.

 

 

Este Programa trátase dunha formación modular orientada a persoas con responsabilidades directivas e xerenciais, en temáticas de xestión empresarial, liderado ou innovación entre outras máis.

 

Para o mes de Setembro de 2020 temos previsto impartir 2 edicións dun módulo temático sobre a xestión contable e fiscal en empresas cooperativas, de 15 horas de duración, en modalidade teleformación, nas seguintes datas:

[ Xestión Contabel e Fiscal en Cooperativas | Edición 1 ]

Do 15 ao 30 de setembro de 2020.

Sesións virtuais de aprendizaxe: 15, 21, 23 e 30 de setembro.

Horario das sesións virtuais: 10:30 horas (1ª sesión 90′; 2ª sesión 2 horas; 3ª sesión 60′; 4ª sesión 2 horas).

Fai clic: Cartel Informativo

[ Xestión Contable e Fiscal en Cooperativas | Edición 2 ]

Do 22 de setembro ao 8 de outubro de 2020.

Sesións virtuais de aprendizaxe: 22, 29 de setembro 01, 08 de outubro.

Horario das sesións virtuais: 10:30 horas (1ª sesión 90′; 2ª sesión 2 horas; 3ª sesión 60′; 4ª sesión 2 horas).

Fai clic: Cartel Informativo

[ Imparte ]

Persoal técnico da Unión de Cooperativas EspazoCoop, con experiencia contrastada na área contable e fiscal en cooperativas.

[ Obxetivos ]

– Atender as necesidades formativas específicas de mellora na xestión empresarial e capacitación para a dirección e xerencia das cooperativas participantes.

– Mellorar a situación dos procedementos e sistemas de dirección empresarial das cooperativas participantes, mediante operativas adaptadas ao modelo.

– Divulgar de forma práctica as cooperativas participantes, boas prácticas, ferramentas e habilidades que permitan a mellora dos seus procedementos de xestión e sistemas de dirección .

– Potenciar o coñecemento mutuo e o intercambio de experiencias das cooperativas participantes que permitan establecer alianzas futuras.

[ Programa ]

Contabilidade cooperativa

  • Capital social.
  • Resultados cooperativos e extracooperativos: casos.
  • Contabilización separada, supostos.
  • Resultado de explotación.

Fiscalidade cooperativa

  • Perda da especial protección. Factores a ter en conta.
  • Bonificacións fiscais aplicadas na tributación cooperativa.
  • Liquidación imposto de sociedades. Particularidades.

[ Inscrición ]

Para inscribirte Fai clic:  Neste enlace

[ Metodoloxía ]

  • Desenvólvese na Aula Virtual da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
  • Habilitarase un sistema de titorización a distancia.
  • Secuencial, seguindo os contidos, exercicios, tarefas e demais propostas dos módulos deste curso.
  • Práctica.
  • Amais dos contidos que se porán ao dispor do alumnado na plataforma, realizaranse 4 sesións virtuais de aprendizaxe ao longo de cada curso:

– Sesión Virtual 1:  (90′) ten como obxectivo presentar o curso e o grupo, coñecer o funcionamento da plataforma e presentar o tema da contabilidade e o estudo de caso a desenvolver durante a primeira parte do curso.

– Sesión Virtual 2: (2 horas) ten como obxectivo poñer en común o desenvolvemento dos casos e resolver as dúbidas xurdidas entorno ao tema da contabilidade cooperativa.

– Sesión Virtual 3: (60′) será para presentar a parte de fiscalidade e presentar o contido do caso co que se vai traballar.

– Sesión Virtual 4: (2 horas) ten como obxectivo poñer en común o desenvolvemento dos casos e resolver as dúbidas xurdidas entorno ao tema da fiscalidade cooperativa.

[ Para quen? ]

Preferentemente para cooperativas asociadas á Unión de Cooperativas EspazoCoop: socias/os e asalariadas/os que estén en áreas de dirección, consellos reitores, ou postos relacionados coa temática desta acción formativa. Tamén, para outras cooperativas e organizacións de economía social, Persoal técnico e de asesorías, Alumnado universitario e de formación profesional, ou Público interesado en xeral.

As prazas son limitadas.

[ Cotas de inscrición ]

  • Cooperativas socias: 25 €
  • Cooperativas non socias e entidades pertencentes a organizacións do Foro pola Economía Social Galega e REAS Galicia: 50 €
  • Persoas interesadas non pertencentes a entidades anteriormente mencionadas: 100 €

[ Proceso de matriculación ]

1| Inscríbete no formulario neste enlace

2| Efectúa o pago da cota que te corresponda (no nº de conta indicada no formulario)

3| Envíanos o xustificante de pago a: patane@espazo.coop para confirmarte a praza.

Xa estarás matriculada/o no curso de EspazoCoop “Xestión Contable e Fiscal en Cooperativas”.

Máis información e consultas: 881 887 456 – patane@espazo.coop

 


Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2020 da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.