Programa Muller 22

Incentivos á contratación indefinida inicial de mulleres desempregadas

 

Publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do novo programa Muller 22 con 6 millóns de euros de orzamento e co obxectivo de promover incentivos de 6.000 euros para a contratación inicial de ata 1.000 mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades para acceder ou permanecer no mercado de traballo.

Deberán ser mulleres desempregadas que estean inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia no momento da súa contratación e que, por tanto, carezan de ocupación.

Os beneficiarios destas axudas son as persoas traballadoras autónomas, empresas, e entidades de economía social que poden acceder a estas axudas destinadas á contratación indefinida de mulleres (desde o pasado 1 de xaneiro ata o 30 de setembro), ou mediante a modalidade de fixo-descontinuas por un mínimo de 9 meses e xornada completa.

Prazo de solicitude: ata o 30 de setembro de 2022. As peticións deberán formalizarse a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

Esta nova orde de axuda, que se financia con cargo aos fondos Mecanismo de recuperación e resiliencia, enmárcase no Plan Emprega Muller que este ano ten en marcha a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con 35,8 millóns de euros que atenden ás necesidades laborais e de formación das mulleres, como colectivo prioritario. Este Plan artéllase en 8 programas específicos que inclúen apoios integrais para a formación, o acceso, o mantemento, a consolidación e a promoción profesional das mulleres galegas.

  • Podes acceder a Orde pola que se establecen as bases desta axuda premendo aquí
  • Corrección de erros aquí
  • Infografía das axudas, neste enlace

 

Fonte: web Eusumo