Xornada ‘Fomento do Emprendemento en Cooperativa’ | 27 de xullo

[Unha actividade dentro do Convenio de Colaboración entre a Deputación da Coruña e a Unión de Cooperativas EspazoCoop 2022 ].

A Xornada Online Fomento do Emprendemento en Cooperativa é unha actividade do programa de colaboración que EspazoCoop realiza coa Deputación Provincial da Coruña durante 2022. En concreto, fai parte dun conxunto de accións do “Itinerario de Emprendemento en Cooperativa” destinado a visibilizar as potencialidades que brinda o modelo cooperativo para:

 

> A xeración de emprego de calidade.
> A mellora de determinados sectores socioeconómicos.
> O equilibrio territorial.
> A xeración e consolidación de redes comunitarias, dinamizando determinados sectores de actividade, particularmente no ámbito dos Coidados.
> Favorecer o emprendemento colectivo en sectores con potencial para contribuír ao desenvolvemento socioeconómico e comunitario.

O “Itinerario de Emprendemento Cooperativo” incorpora alén desta Xornada, unha acción de Teleformación e un Servizo de Acompañamento e titorización a grupos promotores que queiran emprender en cooperativa.

Obxetivos da xornada:

  • Divulgar as potencialidades do cooperativismo para a posta en marcha de actividades empresariais e creación de emprego.
  • Detectar necesidades que favorezan o emprendemento en cooperativa.
  • Dar a coñecer boas prácticas de cooperativas, especificamente no Sector de Coidados.

Data e Horario: Mércores 27 de xullo de 2022, de 10.30 a 13.30 h., a través da plataforma Zoom.

Fai clic para consultar o Programa e realizar a Inscrición:  ProgramaCartelInscrición

 

Organiza e coordina: Unión de Cooperativas EspazoCoop  – www.espazo.coop

Contacto para esta actividade: 687 324 784 – ramon@espazo.coop