Programa Impacto Autónomo 2023

Prazo de solicitude: ata o 9 de febreiro de 2023


Publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de subvencións Impacto Autónomo, para facer fronte á situación económica xerada pola suba dos custos en materias primas e subministracións, que afectan e condicionan a actividade económica.

Estas axudas están convocadas pola Consellería de Promoción Emprego e Igualdade, e poderán ser beneficiarias, as persoas traballadoras autónomas e microempresas, entre elas, empresas de fórmulas xurídicas da economía social.

Infórmate das condicións a través desta infografía: neste enlace

Podes consultar a convocatoria completa nestas ligazóns: ExtractoBases

Máis información na web da Oficina do Autónomo e no teléfono 900 815 600.