Programa CREANDO MELLORA

Análise, planificación e xestión participada

 

A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop abre a convocatoria para solicitar un recurso de apoio para cooperativas, CREANDO MELLORA (10ª edición), que é un programa de Bolsas para realizar procesos de mellora en cooperativas, brinda soporte para consolidar proxectos empresariais cooperativos.

[ Destinatarias ]

Un programa dirixido a Cooperativas, con preferencia a cooperativas socias de EspazoCoop.

[ Por que solicitar a participación no Programa? ]

Se sodes unha cooperativa que quere mellorar e mesmo impulsar a área da xerencia, este programa pode interesarte. O recurso permitirá contar cunha persoa titulada con formación empresarial, durante 5 meses, para realizar un Plan de Mellora e  funcións xerenciais na vosa empresa.

Se non contades con persoal cualificado e específico para desempeñar a xestión empresarial e directiva na cooperativa esta pode ser unha boa  oportunidade. Solicita unha bolsa ata o venres 11 de Marzo de 2022.

Contar cunha persoa bolseira permite analizar, deseñar, planificar e desenvolver accións de mellora na xestión da organización, e o fará co apoio de titorización de EspazoCoop, en coordinación coa cooperativa e adaptándose ás necesidades e demandas desta.

DOCUMENTOS DO PROGRAMA

  • Folleto de difusión, neste enlace
  • Bases da convocatoria do programa ‘Creando Mellora’, neste enlace
  • Solicitude do programa ‘Creando Mellora’, neste enlace
  • A solicitude do programa ademais conleva cumprimentar e enviar un Formulario habilitado para recabar información, neste enlace

[ As Bolsas do programa CREANDO MELLORA son unha ferramenta de utilidade nunha empresa cooperativa ]

O recurso das Bolsas ten amosado que é unha ferramenta de utilidade, despois de nove edicións do programa xa participaron 50 cooperativas e entidades de economía social que valoraron de xeito moi positivo a experiencia, tanto polo apoio que deu aos proxectos e á actividade económica, como polos resultados do traballo realizado polas persoas bolseiras.

A diagnose feita para a cooperativa, as propostas de mellora que se plantexaron, incluso que se levaron a cabo, así como a aprendizaxe mutua no ámbito xerencial que experimentan, fan que lles resulte un instrumento de apoio na evolución empresarial ben interesante. O balance acumulado, lévanos a dar continuidade ao programa e a por en marcha unha nova convocatoria.

Máis información e consultas: roberto@espazo.coop | 986 866 149

CONVOCA: Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.

INICIATIVA NO MARCO DOS PROGRAMAS

– Programa 2022 da Rede Eusumo – Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.

– Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social -POISES- convocado por CEPES e financiado polo Fondo Social Europeo (FSE).