A Concellería de Empresa e Economía Social do Concello da Coruña coa finalidade de facilitar a consolidación de proxectos que precisen pasar por unha fase de preincubación, aprobou o PROGRAMA ACCEDE-XA, facilitándolles ás persoas emprendedoras cun proxecto empresarial o establecemento durante un período non superior a seis meses de forma gratuíta no Centro de Empresas ACCEDE Papagaio, ademais de recibir apoio e seguimento por parte do persoal técnico especialista na materia.
As persoas beneficiarias que desexen acollerse a este proxecto deberán cumprir os requisitos establecidos nas bases que regulan o proceso de admisión ao centro publicado no BOP do 6 de agosto de 2016 aquí, ao mesmo tempo que as que regulan este programa.
O programa ACCEDE-XA desenvólvese en dúas liñas de actuación, unha primeira liña de apoio á formación e o asesoramento das persoas emprendedoras, e a segunda liña de apoio que persegue o fomento das entidades de economía social.
Para máis información chamar ao 981184 399, ou concejalia.empresa@coruna.es