Dende a Consellería de Economía, Emprego e Industria convócanse os Premios á Cooperación 2018.

Finalidade: Fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que os/as cooperativistas  veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma Galega.

Poderán optar a estes premios: As cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo na Comunidade Autónoma galega.

Modalidades:

• Premio aos valores cooperativos (á cooperativa galega que máis destacase no impulso do valores cooperativos), dotado con 5.000 €

• Premio ao mellor proxecto cooperativo novo (cooperativa con antigüedade igual ou menor a 42 meses), dotado con 5.000 €

• Premio á traxectoria cooperativa (cooperativa con antigüedade maior a 42 meses), dotado con 5.000 €

Prazo:  a presentación das solicitudes remata o 30 de abril de 2018

Descarga as bases aquí

Descarga o cartel dos Premios aquí

No DOG nº 14 de 19 de xaneiro de 2018, publícase a Orde do 15 de decembro de 2017 que establece as bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2018, estas bases foron aprobadas polo Pleno do Consello Galego de Cooperativas.