A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca este certame que está dirixido ao alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, co obxeto de impulsar e promover actividades de fomento do cooperativismo. Poderán presentar os traballos, para o fomento do cooperativismo, nas seguinte modalidades:

Alumnado de infantil, primaria e educación especial: Modalidade de debuxo, pintura, maquetas, fotografía ou vídeos. 4 premios (2.500 € cada un) e 4 accésits (1.500 € cada un).

Alumnado de educación secundaria obrigatoria e educación especial: Modalidade de actividades cooperativizadas. 1 premio (2.500 € cada un) e 1 accésit (1.500 € cada un).

Alumnado e profesorado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial: Modalidade de proxectos empresariais cooperativos. 1 premio ao mellor proxecto (4.500 € ) e 1 premio ao proxecto finalista (3.500 €)

Poden participar no certame os centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes e de traballos remata o 30 de abril de 2018.

Descarga as bases aquí

Para apoiar a participación no certame Cooperativismo no ensino, a Rede Eusumo pon a disposición a posibilidade de realizar actividades no centro co fin de fomentar a difusión e promoción do cooperativismo entre o alumnado. Pódese solicitar información en info@eusumo.gal ou no teléfono 981 558 008.

Cartel Certame Cooperativismo Ensino 2018

Tríptico Certame Cooperativismo Ensino 2018

Máis información en: www.emprego.ceei.xunta.gal, www.eusumo.gal e www.sede.xunta.gal