Anticipamos o evento Pont-Up Store 2015, no que poden participar as cooperativas novas  (de menos de 5 anos).

Trátase dunha iniciativa de apoio á cultura emprendedora, e ao novo emprendemento, os días 25 e 26 de Setembro en Pontevedra. Está promovido pola Universidade de Vigo e participa a Federación de Cooperativas Sinerxia como entidade colaboradora.

Neste espazo, as cooperativas novas que ofrezan un enfoque innovador a unha necesidade do mercado, poden dispoñer dun stand gratuíto, propoñer actividades, ou presentar o seu proxecto. O prazo de solicitude remata o 9 de setembro.

Fai clic : PONT UP STORE –  PARTICIPA

Tralo éxito da pasada edición, o PONT-UP STORE 2015 quere consolidarse como ESPAZO DE REFERENCIA DO NOVO EMPRENDEMENTO en Galicia.

Podes escoller entre 3 MODALIDADES de participación e combinalas como queiras:

  1. DISPOÑER DUN STAND DE XEITO GRATUÍTO durante os dous días para dar a coñecer o teu proxecto.
  2. PROPOÑER AS TÚAS PROPIAS ACTIVIDADES que se incluirán dentro do programa do evento.
  3. PARTICIPAR NO APARTADO “10 MINUTOS DE GLORIA” presenta o teu proxecto en formato ‘flash’: 10 minutos + 10 imaxes.