Oferta de traballo de Sisargas

A nosa cooperativa socia, Sisargas S. Coop Galega está buscando unha persoa cociñeira que se encargue da cociña do camping que xestionan, situado en Malpica de Bergantiños (A Coruña), durante esta temporada de verán 2021 (15 de xuño ao 4 de setembro) e posiblemente en temporadas futuras.

Oferta

Trátase da persoas responsable principal do noso restaurante, con axuda puntual dunha persoa pinche nos momentos de máis actividade. As tareas previstas son: desenvolvemento do menú (en base aos menús de anos anteriores), elaboración dos pratos á carta e menú do día, inventario e listas de compra, limpeza e mantemento da cociña (temperatura de cámaras, etc.), entre outras. A xornada laboral é partida (comidas e ceas).

Buscamos a alguén con maña na cociña, moi alta capacidade de organización, boa xestión do estrés, flexibilidade e creatividade.

Valorarase experiencia previa ou formación en cociña.

Ofrecemos formar parte dun equipo de traballo xoven e dinámico, con ganas de dar un servizo relaxado e  de calidade, nun entorno natural precioso e con contrato de traballo segundo convenio. Tamén podemos ofrecer, en caso de que así se desexe, aloxamento nunha bell tent no camping, con baño e cociña compartidos coas dúas camareiras que tamén traballarán con nós.

Crees que poderías ser ti? Por favor, mándanos o teu cv a info@campingsisargas.com; faremos entrevistas durante a primeira quincena de maio.