O rexistro retributivo, obrigatorio dende abril

O Goberno estatal publicou  un decreto co obxetivo de garantir a equidade nas remuneracións salariais entre mulleres e homes. Trátase do Real Decreto 902/2020, de 13 de outubro, de igualdade retributiva entre mulleres e homes que determina que todas as empresas deberán contar cun rexistro salarial, e entrou en vigor para as empresas de menos 50 persoas traballadoras dende o 14 de abril de 2021.

O principio de igualdade de trato e non discriminación entre mulleres e homes, é un dos eixos da lexislación laboral a desenvolver para un contexto máis social e igualitario. Este principio representa a non aceptación de ningunha diferencia salarial ou retributiva que non esté obxetivamente xustificada e que se expresa no principio de “a igual traballo, igual salario”. Por elo, o establecemento do rexistro salarial plantéxase como un instrumento legal para conseguir a aplicación práctica do mesmo e para evitar calquera tipo de discriminación, neste caso, por razón de sexo.

Para lograr o seu obxetivo o decreto establece mecanismos para identificar e corrixir as posibles situacións de desigualdade ou discriminación. Estos mecanismos xiran ao redor do principio de transparencia, que deberán seguir todas as empresas -sexa cal sexa o seu tamaño- para que as retribucións sexan coñecidas polas persoas traballadoras (polas súas representantes, no seu caso) e pola Administración, é dicir, o rexistro salarial como unha ferramenta de transparencia na empresa.

A obriga do Rexistro Salarial ao circunscribirse ao ámbito das relacións laborais reguladas no Estatuto dos Traballadores e das Traballadoras hai que interpretar que só se aplicará ás cooperativas respecto das persoas traballadoras por conta allea (non socias).

Achegamos unha nota informativa sobre as claves do Rexistro Retributivo do RD 902/2020 : Nota informativa

Ademais, dende COCETA (Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado) elaboraron unha infografía
sobre o RD 902/2020 que regula a igualdade retributiva, unha Ferramenta para elaborar o Rexistro Retributivo, acordada polos axentes sociais, e unha Guía de uso que poñemos a dispor das cooperativas socias:

[A Unión de Cooperativas EspazoCoop fai parte de Coceta]