“O Noso Reto Solidario” busca organizacións da economía social con ideas

A Fundación Roberto Rivas lanzou o programa “O Noso Reto Solidario”, coa intención de xerar solucións innovadoras e sostibles para dar resposta aos actuais desafíos. A Fundación impulsa esta iniciativa xunto á Fundación Botín e a Fundación Amicos para buscar ideas que den resposta ao novos retos sociais.

 

Creen que se necesitan iniciativas froito da colaboración, para lograr un verdadeiro desenvolvemento do medio local galego, e dende esta perspectiva xurde “O Noso Reto Solidario”.

Apostan pola economía social e por un modelo implicado co local e o rural para poñer en marcha proxectos sostibles que podan convertirse nunha referencia.

O modelo da economía social permite redistribuir a riqueza, incorporando a participación de todas as personas que forman parte de cada comunidade, e debe verse como unha oportunidade e unha fortaleza, que a nivel europeo identifícase ademais como vector clave para impulsar a recuperación económica.

 

O Noso Reto Solidario. Innovación e colaboración no Sector Social de Galicia

Buscamos organizacións da economía social cunha idea para o seguinte reto:

Como podemos fomentar en Galicia un medio local/rural vivo e sostible para que sexa eficiente, atraiga talento, sexa inclusivo coas persoas e respetuoso coa contorna?

Dirixímonos a: fundacións, asociacións, centros especiais de emprego, empresas de inserción, cooperativas, sociedades laborais, emprendedoras, empresas sociais, organizacións sen ánimo de lucro e outrass figuras da economía social, cunha idea con impacto social ou ambiental e que queiran desenvolvela en colaboración con outras organizacións.

A convocatoria estará aberta ata o 23 de marzo e as organizaicón interesadas poden mandar as súas ideas a través da seguinte páxina web: www.onosoretosolidario.org

As entidades seleccionadas accederán a un programa de formación e titorización enfocado a mellorar e reforzar a viabilidade das súas ideas e procesos internos, nun ambiente de traballo colaborativo compartido con outras entidades.

BUSCAMOS IDEAS:

  • Centrada en novos nichos de emprego que favorezan o asentamento da poboación, potenciando o papel da muller no rural, ou dirixidos a colectivos vulnerables, mozos desempregados ou persoas con discapacidade.
  • Que promovan a creación de novos produtos ou servizos e/ou liñas de negocio baixo modelos inclusivos e sostibles.
  • Baseado en experiencias de economía verde ou circular e que contemplen unha finalidade social.
  • Que busquen unha mellor articulación entre as necesidades e os vínculos entre o rural e a cidade.

Ao remate do programa, as organizacións participantes presentarán o traballo desenvolvido presentándoo a unha Comisión de Avaliación, que será a encargada de decidir cales reciben apoio adicional para poñer en marcha o seu proxecto. Nesta nova fase, os proxectos seleccionados recibirán un mínimo de 6.000 euros de capital semente, apoio legal para determinar o marco de colaboración e apoio no asesoramento e desenvolvemento tecnolóxico dos proxectos.

Presentación do programa

O pasado xoves 23 de febreiro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela presentouse ‘O Noso Reto Solidario’, nun acto organizado conxuntamente pola Fundación Roberto Rivas, a Fundación Botín e a Fundación Amicos, e que contou co apoio de a Xunta de Galicia e o resto de entidades colaboradoras do proxecto, entre elas a Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Foro pola Economía Social Galega.

*Fonte da nova: web da Fundación Roberto Rivas.

Entidades O noso reto solidario