Nova liña de Préstamos IFI covid19 da Xunta de Galicia
Ante a situación excepcional provocada pola crise sanitaria da Covid19 e a declaración do estado de alarma, as cooperativas precisan de medidas de apoio financeiro para obter financiamento suficiente de cara a manter a súa capacidade de funcionamento.
As administracións central e autómica están poñendo en marcha instrumentos como é o caso dos Préstamos IFI Covid19 da Xunta de Galicia, unha nova liña de acceso a liquidez para as Pemes galegas máis castigadas pola crise con xuros practicamente a 0%.
Neste enlace pódese consultar a Ficha resumo desta liña do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE): https://n9.cl/tr82d
– Autónomos e pemes de calquera sector do cooperativismo e a economía social con dificultades económicas pola COVID-19.
– Entre 3.000 e 500.000 €.
– A devolver en 7 anos. Os tres primeiros de carencia.
– Xuro próximo ao 0%.
– Sen garantías especiais.
– Solicitudes ata o 30 de decembro 2020 (ou esgotamento de crédito).
– Resólvese por orde de entrada.
Recoméndase entregar a documentación da solicitude o máis completa posible para evitar retrasos!!, e ante calquera dúbida contrastar nos seguintes contactos do Igape:
900 815 151 – igaperesponde@igape.es – http://responde.igape.es