Mercado do Emprendemento de Pontevedra
Un trampolín para o talento local e a innovación na cociña
Formar parte do Mercado do Emprendemento é unha oportunidade única que non debedes deixar pasar. Esta iniciativa, promovida polo Concello de Pontevedra permite poñer a proba un proxecto relacionado coa gastronomía, o turismo ou o comercio en condicións reais de mercado, xestionando durante un mes un posto no Mercado de Abastos, cun acompañamento técnico personalizado que axuda a mellorar a proposta, analizar resultados e fortalecer o modelo de negocio.
Ademais, participar neste programa ofrece vantaxes tan relevantes como:
ESPAZO: Cesión durante un mes dun posto no Mercado de Abastos de Pontevedra, para dar a coñecer e testar o teu proxecto nunha contorna real, con clientes reais.
FICHA PROMOCIONAL: O teu proxecto contará cunha ficha promocional na web oficial (www.pontevedracapitalgastro.com) con descrición profesional e un vídeo editado pensado para difusión e viralización.
SELO DE CALIDADE: Ao ser un proxecto seleccionado por Pontevedra Capital Gastro, poderás utilizar este distintivo nas túas comunicacións como selo de calidade e prestixio, con difusión en newsletters, RRSS e canles institucionais.
EVENTOS: Participación en eventos do programa (Gastrofest, Mercados Creativos, Cinema Gastronómico etc.) para vivir o directo, gañar visibilidade e facer networking.
DOSSIER DE OPORTUNIDADES: Ao finalizar o programa recibirás un dossier personalizado de recomendacións e oportunidades, que funcionará como folla de roteiro e plan estratéxico de futuro para o teu negocio.
Se coñeces persoas que poidan estar interesadas, ou se ti mesma/o estás a valorar unha iniciativa vinculada á gastronomía, á restauración ou á innovación culinaria, anímote a aproveitar esta oportunidade.
A quen se dirixe?
-
Emprendedores/as e startups gastronómicas, turísticas e relacionadas co comercio de proximidade
-
Estudantes e egresados/as de hostalería.
-
Negocios en fase inicial ou empresas existentes que desexen testar novas liñas (receitas, servizos, formatos, delivery etc.)/ etc.).
Condicións básicas para participar:
-
A participación é por mes completo.
-
É obrigatorio asistir todos os xoves, venres e sábados do mes.
-
Pódese abrir tamén martes e mércores de forma opcional.
-
Horario de apertura: de 08:00 a 15:00.
-
Os participantes deben dispoñer de produtos para mostrar e ofrecer ao público.
Beneficios para os proxectos seleccionados
-
Validar o seu modelo nunha contorna real de alta afluencia.
-
Acompañamento técnico durante todo o mes.
-
Visibilidade e conexión co ecosistema local.
-
Creación de sinerxias con provedores, chefs e comercios do mercado.
Prazas previstas: ata 15 ao longo do programa.
Selección: criterios de innovación, viabilidade, sustentabilidade e impacto.
Achégase o folleto e o cartel con todos os detalles.
A inscrición pode realizarse directamente en: https://apuntate.pontevedra.gal/mercado-do-emprendemento/