Amtega organiza o seminario formativo “Marketing dixital para captar e fidelizar os nosos clientes” o xoves 17 de marzo en Santiago de 16 a 20 h.
As destinatarias da formación son as empresas que desexan empregar o marketing dixital e as redes sociais como ferramentas de captación e fidelización da súa clientela. Empresas tradicionais que se pregunten por que non chegan á súa clientela como antes. Emprendedores/as que estean en fase de desenvolvemento de novos proxectos e empresas.
As persoas que asistan a esta sesión poderán coñecer as claves para chegar dun modo efectivo ao novo/a consumidor/a, de modo que a través da conversa dixital poidan captar e fidelizar á clientela. Descubrirán ferramentas e claves para unha correcta xestión da conversa.
Fai clic: PROGRAMA MARKETING DIXITAL – INSCRICIÓN