Chega Greenweekend , unha iniciativa de fomento do emprego e do emprendemento verde que regresa á A Coruña por segunda vez.
A Unión de Cooperativas Espazocoop somos entidade colaboradora de Greenweekend A Coruña, e queremos convidarte a participar neste evento que está movilizando o sector ambiental.
Nesta edición cóntase co apoio do Concello da Coruña, ademais dos patrocinadores asiduos (MAPFRE, Fundación AQUAE y Bankinter). A iniciativa estará en A Coruña do 20 ao 22 de outubro no Centro Papagaio nunha fin de semana intensa.
Greenweekend é un evento onde de xeito colaborativo créanse proxectos sostibles que dean oportunidades ás persoas e que axuden a cambiar o mundo desde o emprendemento verde. Tamén se axuda a persoas que estan buscando emprego no sector ambiental asesorándolles con formacións dirixidas ao seu obxectivo e tendo a opción de ser captadas por empresas reclutadoras. Neste sentido calquera persoa emprendedora ou persoa interesada (aínda que non teña unha idea) pode asistir ao evento.
Así será o GW:
– O venres a partir das 16 h presentaranse as ideas e os/as candidatos/as, votaranse e formaranse os equipos de traballo.
– De sábado a domingo ao mediodía as/os participantes desenvolverán as ideas coa axuda de mentores(as) e con varias charlas de formación.
– O domingo ás 16:30h chega o gran momento: preséntanse as ideas finalistas e o xurado decide as/os gañadoras/es, quen recibirán premios para seguir lanzando os seus proxectos.
Greenweekend é un evento ideal para profesionais do sector ambiental: candidatos(as), emprendedores(as) e empresas. Un xeito perfecto de facer contactos, conseguir un emprego, coñecer a outras persoas con similares inquietudes e ilusións ou traballar e colaborar xuntas durante todo unha fin de semana para lanzar empresas sostibles. A ocasión perfecta para persoas con espírito emprendedor que teñan ideas ou busquen inspiración.
Candidatas(os):
1.-Facilitar a visibilidade ante empresa que buscan talento do sector ambiental.
2.-Poñer en contacto a persoas con gañas de traballar con proxectos reais de emprendedoras(es).
3.-Contribuír a mellorar a empregabilidade con formación en curriculum, modelos de negocio, falar en público, etc.
Emprendedoras(es):
1.-Promover a cultura do emprendemento ambiental.
2.-Axudar a emprendedoras(es) ambientais a iniciar os seus proxectos en tan só dous días.
3.-Fomentar unha metodoloxía baseada no coñecemento compartido e en utilizar casos prácticos para a aprendizaxe.
Reclutadoras(es):
1.-Axudar ás empresas para que vexan o talento traballando en proxectos reais.
2.-Facilitar o contacto directo cos candidatos(as) e a posibilidade de entrevistalos(as) nun ambiente distendido.
3.-Situar e dar visibilidade ás empresas que buscan talento e teñen un compromiso coa sostenibilidade.
Haberá moitos premios en especie como coworking, formación, servidores web, etc.
Tendes toda a información e xa vos podedes rexistrar a través da web:
http://acoruna.greenweekend.org
Queres saber máis? Mira estes VÍDEOS!