Xornada: Universidade de Vigo e Cooperativismo | 31 de outubro, Vigo

/, Espazo Coop, Novas do cooperativismo/Xornada: Universidade de Vigo e Cooperativismo | 31 de outubro, Vigo

O vindeiro 31 de outubro celebrarase a xornada UNIVERSIDADE DE VIGO E COOPERATIVISMO, un acto académico e divulgativo promovido por ECOBAS que permitirá poñer en valor e dar visibilidade ao cooperativismo e ás cooperativas, así coma resaltar o apoio que a Universidade de Vigo leva brindando dende fai moitos anos neste ámbito. A xornada conta coa colaboración das principais asociacións de cooperativas galegas, Espazocoop e Agaca, e está organizado ó amparo da Rede EUSUMO, promovida pola Xunta de Galicia.

Este evento está dirixido a todas as persoas interesadas, tanto ás que están no ámbito cooperativo e da economía social coma a aquelas que non o están, e tamén especialmente ao alumnado da universidade, coa intención de que coñezan as posibilidades que ofrece este sector e as teñan en conta á hora de iniciar a súa inmersión no mundo laboral.

A axenda do programa inclúe charlas maxistrais, mesas redondas de debate, exposición de material informativo e promocional de cooperativas e tamén sobre cooperativismo en xeral, ademais dunha homenaxe á traxectoria de profesionais do ámbito do cooperativismo.

Podedes atopar a información completa sobre esta xornada, PROGRAMA e INSCRICIÓN, premendo AQUÍ

 

Información para COOPERATIVAS SOCIAS de Espazocoop:

FORMAS DE PARTICIPAR

1- Asistindo á xornada, previa inscrición.

2- Participando na Exposición de material informativo e promocional de cooperativas, comunicando o interese aquí.
Esta Exposición contará con:

–  Material promocional e publicitario daquelas cooperativas que desexen figurar.
– Carteis propios, ou elaborados pola organización con texto divulgativo de casos de cooperativas que teñan interese en aparecer no evento.

A organización porase en contacto con vós para xestionalo e facilitarvos a presencia nesta parte. 

* Pódese participar na Exposición aínda que as cooperativas non teñades posibilidade de asistir ao Acto, e para organizalo con suficiente antelación prégase comunicar o interese o antes posible.

 

 

2017-10-16T13:12:41+00:00 13/10/2017|Destacados, Espazo Coop, Novas do cooperativismo|Sin comentarios

Deje su comentario

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies