A Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA) está participando no Proxecto europeo “Participación das Persoas Empregadas no ‘Facility Management”, co obxetivo de:

Investigar a posibilidade de creación dunha Sociedade Cooperativa Europea ou Sociedade Europea con empresas a nivel europeo, do chamado Facility Management (empresas que son proveedoras doutras empresas, xa sexa para xestión ou servizos, como poden ser o mantemento dun edificio ou a limpieza ou o catering, entre outros).

Durante o Proxecto efectúase a investigación, ao tempo que se realizarán ferramentas formativas que sirvan para a creación de dita sociedade europea, con independencia da fórmula empresarial que teñan as empresas que participen na mesma.

No Proxecto participan organizacións de cinco países de Europa (España, Grecia, Italia, Hungría e Bulgaria), e na fase actual pretende identificar empresas – cooperativas de traballo- que realicen actividades identificadas co Facility Management como:

  • Construcción e remodelación

  • Relocalización e mudanza

  • Teletraballo

  • Xestión do cambio

  • Outsourcing

Así que, co fin de identificar cooperativas de traballo e modelos, realizará un Taller de Traballo en Madrid, que terá lugar o xoves 9 de Xullo, no Hotel Conde Duque, de 09:00h a 13:30 h., no que poderían participar cooperativas de traballo interesadas, aínda que non é necesario que asistan, co propósito de expoñer as súas experiencias nalgunhas das actividades que compoñen o Facility Management.

Considerando que poidan xurdir dúbidas ao respecto, para calquera información e comunicar o interese polo proxecto e/ou a participación na xornada,  a persoa de contacto é Cristina:  cristina@coceta.coop  –  tfno. Coceta:  914469750 /915930397

Según a normativa Europea en Facility Management 15221/1, o Facility Management defínese como “a xestión de inmobles e servizos de soporte”. Todas as organizacións, públicas ou privadas, utilizan inmobles, activos e servizos asociados aos mesmos, para apoiar as súas actividades principais; a través de a coordinación destos activos e servizos, empregando a súa experiencia en xestión e introducindo cambios nos ámbitos da organización. O Facility Management presta a súa experiencia para actuar dunha maneira dinámica e cumplir con tódolos requisitos. Esta xestión realízase igualmente para optimizar os custes e o funcionamiento tanto dos inmobles como dos servizos.

Cooperativas

O Proxecto céntrase na importante participación das persoas traballadoras nas empresas de Facility Management; en principio, no Proxecto pode participar calquera modelo de empresa, se ben, dado que o que se pretende é favorecer a participación das persoas traballadoras, a cooperativa de traballo aparece como a fórmula de gobernanza máis idónea para cumprir ese obxetivo, posto que están xestionadas polas mesmas persoas traballadoras que á súa vez son propietaria e empregadas; sendo quenes toman as decisións da empresa, a través da súa participación en consellos reitores e nas asembleas da cooperativa de traballo.