O Programa de Emprendemento Social de “la Caixa” ten como finalidade apoiar ás persoas emprendedoras e empresas sociais en “fase semente”. Diríxese a empresas sociais de nova creación, a  empresas sociais novas, e a empresas sociais con novas liñas de negocio.

Está aberto tamén a proxectos cooperativos, ou a cooperativas.

¿ Que entende este programa por persoas emprendedoras sociais ? :

Son persoas ou equipos de persoas que crean unha empresa para solucionar un problema social existente, de forma rendible e sostible no tempo. As persoas emprendedoras sociais unen as oportunidades de negocio coa mellora da sociedade.  As persoas emprendedoras sociais non son  fundadoras de ONGs, nen empresarios/as que fagan donacións a causas sociais, son quenes aproveitan unha actividade empresarial para transformar unha realidads social.

¿ Cal é o apoio que ofrece a Obra Social ”la Caixa” ?

– Formación e acompañamento xerencial

– Rede de emprendedores/as  sociais

– Imaxe e visibilidade das iniciativas

– Apoio económico

Prazo de presentación de solicitudes : do 19 de setembro ao 21 de outubro de 2013 .

Para máis información e consultar as bases : preme aquí

Para realizar consultas ou resolver dúbidas relacionadas co contido do programa ou coa presentación de proxectos,  dirixirse a:

Servizo de información

Obra Social ”la Caixa”

902 22 30 40

(de luns a domingo, de 9 a 20 h. )