Convocados ós Premios á Cooperación 2023
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publicou as bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2023.
O propósito desta convocatoria é fomentar e divilgar o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando no desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade galega.
As entidades beneficiarias que poden participar nos premios á cooperación son as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.
A convocatoria establece premios nas seguintes categorías:
- Aos valores cooperativos.
- Ao mellor proxecto cooperativo novo (cooperativas cunha antigüedade igual ou menor de 42 meses).
- Á traxectoria cooperativa (cooperativas cunha antigüedade maior de 42 meses).
O orzamento total ascende a 15.000 euros. Outorgarase un premio de cinco mil euros (5.000,00 €) en cada unha das categorías.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o venres 28 de abril de 2023.
Para consultar a orde completa, preme aquí
Cartel dos Premios á cooperación 2023 aquí