A Consellería de Traballo e Benestar convoca este certame que está dirixido ao alumnado e profesorado dos centro educativos de Galicia, que poderán presentar os traballos, para o fomento do cooperativismo, nas seguinte modalidades:
• Alumnado de infantil e primaria: Modalidade de debuxo, pintura, fotografía e/ou vídeo
• Alumnado de primeiro e segundo ciclo de secundaria obrigatoria: Modalidade de actividades cooperativizadas
• Alumnado e profesorado dos centros de formación profesional: Modalidade de proxectos empresariais cooperativos
O prazo de presentación de solicitudes e de traballos remata o 15 de maio de 2013.
Programa “Cooperamos”
Co obxecto de facilitar a realización das actividades de promoción do cooperativismo, os centros educativos poderán participar no programa “Cooperamos”. A través deste programa os centros poderán recibir asesoramento e apoios técnicos para as labores divulgativas e para a elaboración dos traballos para participar no certame.
A través da web do Cogaco, www.cooperativasdegalicia.com, pódese tramitar a inscrición e presentar as solicitudes de participación.