CEPES, a Confederación Empresarial Española da Economía Social, en calidade de Organismo Intermedio do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) do FSE 2014-2020, publicou unha nova convocatoria de axudas.
CEPES, convoca axudas financiadas polo FSE destinadas a entidades de Economía Social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e de entidades de economía social ou a mellora da competitividade e apoio á consolidación empresarial das mesmas.
Proxectos dentro das seguintes prioridades de inversión:
- 8.3 . “Promover o traballo por conta allea, o espíritu empresarial e a creación de empresas”
- 9.5. “Fomento do emprendemento social e da integración profesional nas empresas sociais, así como da Economía Social e Solidaria a fin de facilitar o acceso ao emprego”.
A convocatoria e toda a información está dispoñible na web de CEPES a través do seguinte link aquí
Prazo de presentación de solicitudes: 13 de decembro de 2017.
Cepes elaborou unha Guía de Beneficiarios, Formularios de solicitude, así como Modelos de certificados para facilitar a información, tramitación, seguimento e xustificación.