Proxecto LACES

Proxecto LACES : Laboratorios de apoio á creación de Emprego e Empresas de Economía Social

A Unión de Cooperativas EspazoCoop participa no proxecto LACES – Laboratorios de Apoio á Creación de Emprego e Empresas de Economía Social, cofinanciado ao 75% polo FEDER no ámbito do programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. O proxecto que se realiza entre 2017 e 2019 está dirixido a empresas e grupos de emprendemento da economía social que desexen buscar apoio e orientación nos seus procesos de creación, modernización e crecemento.

Ademais de EspazoCoop son entidades socias do proxecto a Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a UTAD – Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, a Adrave – Agência de Desenvolvimento Regional do Vale do Ave, a In.Cubo – Incubadora de Iniciativas Empresariais Inovadoras, Tec Minho, Agaca e Aesgal.

O proxecto LACES quere contribuír ao desenvolvemento da economia social na euro-rexión Galiza-Norte de Portugal tendo como obxetivo proporcionar un salto cuantitativo na competitividade e estimular proxectos de economía social no espazo transfronteirizo. O proxecto actuará como fonte de coñecemento e innovación para conseguir modernizar as estratexias de promoción e apoio a esta economía solidaria e colaborativa, favorecendo a consolidación e a creación de empresas e empregos de calidade na euro-rexión.

Prevé a realización dun conxunto de servizos agrupados en 4 laboratorios piloto orientados para a implementación de novas estratexias de promoción e apoio á economía social en sectores emerxentes e para a modernización dos máis tradicionais:

1. Laboratorios para la identificación de oportunidades de negocio
+ unidade de identificación de oportunidades de negócio en economía social vinculadas aos sectores emerxentes ou a exploración de recursos endóxenos no espazo transfronteirizo, incluíndo o sector primario:
+ redación de axendas sectorias para incentivar a creación e a consolidación de empresas de economía social en sectores emerxentes;
+ unidade de recursos interactivos para o deseño e maduración de oportunidades de negocio.

2. Laboratorios de creatividade e comunicación en economía social
+ mostra de ideas empresariales en economía social;
+ forums de economía social;
+ rede dixital de economía social (economía social net).

3. Laboratorios para a creación e consolidación de empresas de economía social
+ aceleradora de proxectos da economía social;
+ creación de espazos de emprendemento POP UP;
+ programa de apoio a empresas “transforma-te e crece” ;
+ vales de servizos a empresas da economía social.

4. Laboratorios para o reforzo e melloría da capacitación de recursos humanos
+ programa de movilidade “residencias transfronteirizas “ para cadros de empresas da economía social;
+ bolsas de xestión e dirección transfronteirizas;
+ academia de talento da economía social.

Máis información:

Facebook proxecto Laces Economía Social

+ Páxina web Laces www.laceseconomiasocial.com

+ Canle temática: Laces Economía Social Tic, dinamizada por EspazoCoop:

+ Laboratorio para la identifidación de oportunidades de negocio, dinamizado por Agaca: Modernización del sector primario

Para calquera información, contacte con Ramón Carmelo Rodríguez no email ramon@espazo.coop.

Financia:

 

 

 

Socias:

 

LACES – Laboratorios de Apoio á Creación de Emprego e de Empresas de Economía Social
Programa Interreg V-A España-Portugal POCTEP 2014-2020

 

2018-07-19T14:37:59+00:00 1/11/2017|Espazo Coop, Novas do cooperativismo|Sin comentarios

Deje su comentario

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies