A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop ofréceche un recurso gratuíto, abre a convocatoria de Bolsas xerenciais en Cooperativas.

Esta convocatoria está dirixida a:  cooperativas, con prioridade para cooperativas socias de Espazocoop.

Queres contar cunha persoa titulada con formación empresarial, durante 6 meses, para realizar funcións xerenciais e mellorar este ámbito da cooperativa?

Sodes unha cooperativa que quere mellorar e impulsar a área da xerencia?

Non contades con persoal cualificado e específico para desempeñar a xestión empresarial e directiva da cooperativa?

Solicita unha bolsa xerencial, prazo: 6 de abril de 2018.

 

Contar cunha persoa bolseira dará a posibilidade de analizar, deseñar, planificar e desenvolver accións de mellora na xestión da cooperativa, e o fará co apoio dunha persoa titora de Espazocoop, en coordinación coa cooperativa e adaptándose ás necesidades e demandas desta.

Fai clic, para descargar: Convocatoria – Bolsas de xerencia en Cooperativas 2018.

Fai clic, para descargar: Solicitude – Bolsas de xerencia en Cooperativas 2018.

Fai clic, para acceder ao formulario a cumprimentar pola cooperativa solicitante: aquí

 

Sabías que menos do 25% das cooperativas de traballo galegas conta con xerencias profesionalizadas?

As bolsas xerenciais teñen amosado que son unha ferramenta de utilidade, as cooperativas que xa participaron consideraron moi positiva a experiencia, tanto o apoio que deu aos seus proxectos cooperativos, como os resultados do traballo feito polas persoas bolseiras, contribúen a esa valoración.
A diagnose feita para a cooperativa, as propostas de mellora que se plantexaron, incluso que se levaron a cabo, así como a aprendizaxe mutua no ámbito xerencial que experimentan, fan que lles resulte un instrumento de apoio na evolución empresarial ben interesante. O balance acumulado, lévanos a dar continuidade ao programa e a por en marcha unha nova convocatoria.

Estas Bolsas están no marco do Proxecto CONSOLIDAGAL, incluído no Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social 2014-2020, e dentro do Programa de actuación 2018 da Rede Eusumo.

A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Convoca: Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas.

Colabora – Financia: CEPES – Fondo Social Europeo – Rede Eusumo – Xunta de Galicia – Ministerio de Emprego e Seguridade Social.