A Consellería de Traballo e Benestar publicou a Orde na que se establecen as bases que regulan as axudas para implantar a responsabilidade social empresarial e a igualdade nas pequenas e medianas empresas, con dúas liñas de actuación :

Liña I: Axudas para implantar a RSE nas empresas galegas.

Liña II: Axudas para o fomento da igualdade laboral:

– Programa I: Axudas para implantación de plans de igualdade.
– Programa II: Axudas para investimentos tendentes á eliminación de infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados predominantemente por homes.
– Programa III: Axudas para os investimentos tendentes a garantir e mellorar o dereito á conciliación de vida familiar e laboral.

Prazo: 25 xullo 2014

Fai clic : Axudas para implantar RSE e igualdade ás pemes galegas