Axudas para apoiar iniciativas de emprendemento 2024

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convocou as Axudas de Apoio a Iniciativas de Emprendemento para 2024.

 

Esta subvención de apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, entre elas para as cooperativas, que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022 ten como finalidade facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 30 de setembro de 2023 e a data da presentación da solicitude.

Infografía da axuda neste enlace

Cales son os conceptos subvencionables?

  • Equipamento informático
  • Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financeira
  • Investimentos en eficiencia enerxética
  • Adquisición de bens de equipamento e mobiliario
  • Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio
  • Gastos notariais e/ou rexistrais
  • Gastos de alugamento de inmobles para a realización da actividade
  • A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipo de segunda man

Cal é o prazo para presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 12 de febreiro ata o 28 de xuño de 2024.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Podes consultar a orde neste enlace antes de facer a solicitude.