A convocatoria 2013 da Consellería de Traballo e Benestar, sobre subvencións públicas ás cooperativas aínda está por saír. Polo que haberá que estar atentas/os a súa publicación no DOG. A orde de convocatoria establecerá as condicións e requisitos das liñas de axudas, pero en xeral, e á espera da orde deste ano, podemos indicar cales hai para as cooperativas galegas :
De fomento do emprego
Finalidade: Incorporación de persoas desempregadas como socias/os traballadoras/es ou de traballo de cooperativas.
Beneficiarias: Cooperativas.
De profesionalización e cualificación empresarial
Finalidade:
– Incentívase a contratación de directoras/es ou persoas xerentes.
– Tamén financia a realización de cursos relacionados coa dirección e xestión empresarial e as tecnoloxías da información e a comunicación, por parte das persoas socias.
– Subvenciona especificamente a contratación de traballadoras/es sociais, psicólogas/os e outras/os (para cooperativas que presten servizos de natureza social e á comunidade).
Beneficiarias: Cooperativas.
Para a intercooperación
Finalidade: Subvenciónanse os custos derivados de proxectos de colaboración empresarial entre cooperativas que teñen como finalidade a consecución de obxetivos comúns relacionados coa investigación, o desenvolvemento e a innovación, as tecnoloxías da información e as comunicacións, ou a comercialización conxunta e a internacionalización.
Beneficiarias: Cooperativas.
De asistencia técnica
Finalidade:
– Financia accións de asistencia técnica, de estudos de viabilidade, organización, comercialización, difusión e outras.
– Gastos de asesoramento para a elaboración de estatutos sociais e regulamento de réxime interno.
Beneficiarias: Cooperativas.