Axudas a cooperativas: Programa Aprol Economía Social 2023

 

Convocáronse as subvencións 2023 para fomento do emprendemento en economía social: ‘Programa Aprol Economía Social’. Estas axudas están destinadas ás cooperativas (entre outras beneficiarias).

 

Documentos informativos:

> Para consultar a orde completa, preme aquí.

> Para descargar o folleto, preme aquí.

Finalidade do Programa Aprol Economía Social 


Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais. Para elo establecéronse dous Programas de axudas:

  • Programa I: Fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais.
  • Programa II: Fomento do acceso á condición de persoa socia.

PROGRAMA I, Poderán acollerse a estes incentivos as cooperativas e sociedades laborais que incorporen persoas socias traballadoras ou de traballo, en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • De persoas desempregadas.
  • De persoas vinculadas á cooperativa ou sociedade laboral por un contrato de traballo temporal.
  • De persoas socias a proba.
  • De persoas asalariadas dunha empresa que se transforme en cooperativa ou sociedade laboral, sempre que non fosen socias da empresa transformada.

A incorporación poderá ser a xornada completa ou a tempo parcial.

PROGRAMA II, Poderían acollerse a este programa as persoas que accedan á condición de persoa socia traballadora ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral con carácter indefinido, a través do financiamento das súas achegas económicas ao capital social, que desenvolvan a súa actividade nun centro de traballo situado en Galicia e que, no momento da súa incorporación, sexan:

  • Persoas desempregadas.
  • Persoas socias a proba da cooperativa á cal se incorporan.
  • Persoas asalariadas da cooperativa ou sociedade laboral á cal se incorporan.
  • Persoas asalariadas dunha empresa que se transforme nunha cooperativa ou sociedade laboral, sempre que non teñan a condición de socias da empresa transformada.
  • Persoas socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral a tempo parcial que accedan á mesma condición a tempo completo.

Entidades beneficiarias


  • As cooperativas e sociedades laborais para as actuacións do programa I.
  • Persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para as actuacións do programa II.

Execución das accións


O período de execución é : Desde o 1 de OUTUBRO de 2022 ata o 30 de SETEMBRO de 2023.

Prazo de solicitudes


O prazo para presentar solicitudes finaliza o 15 de setembro de 2023,  ou ata esgotamento de crédito.



*LEMBRADE*

Dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop prestamos asesoramento e orientación na  tramitación destas axudas.

Estamos á vosa disposición para realizar servizos de acompañamento de xeito gratuíto na posta en marcha de proxectos de empresa en réxime cooperativo.